Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Glass

4 Febreiro 2023. 20:30

CONCERTO PARA VIOLÍN E ORQUESTRA N.1, DE PHILIP GLASS

“Glass” para retomar a temporada “Escoitas”

O concerto será o sábado 4 de febreiro no Teatro Afundación de Vigo e as entradas xa están á venda  bit.ly/entradas-glass

O minimalismo ou música repetitiva é un dos estilos máis destacados da segunda metade do século XX. Mais o concerto de violín de PhilipGlass supuxo un punto de inflexión, pois é a primeira peza composta seguindo a forma tradicional de composición. Contaremos co violinista vigués Marcos Escobar, que foi concertino da Orquesta Clásica de Vigo na década de 1990 e que agora volve ao fogar para formar parte desta formación como solista.

O programa tamén inclúe a estrea de “Preludio e fuga”, de Manuel María Veiga Lombardía, gañador do terceiro premio en CreaClásica, o certame para compositores emerxentes en colaboración coa Fundación SGAE de Galicia.

Detalles

Data:
4 Febreiro 2023
Hora:
20:30

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies

Privacy Preference Center