Orquesta Clásica de Vigo | Miradas

Tempada 20.1

 PROGRAMA 20.1

O deseño dunha programación é a oportunidade para mostrar unha visión particular do mundo relatada através obras de estilos e autores distantes no tempo e espazo que, xuntas, ofrecen a oportunidade de asistir a lecturas únicas da música.

Con 36 anos de historia ás costas podemos falar de sensibilidade e tradición, unha materia prima coa que alimentar a búsqueda constante de novidade e coñecemento e da que extraer eccións atemporais que nos permiten seguir camiñando.  

Nesta tempada queremos poner a orella en historias da nosa historia para falar de pioneiros. Homes e mulleres, moitos deles anónimos, que sentaron as bases do que hoxe somos. Esta programación é unha homenaxe, a aqueles xigantes que nos preceden, aos nosos Mestres.

Co 2020 arrinca a tempada 20.1 da Orquesta Clásica de Vigo baixo o título Miradas, nunha programación composta por tres concertos onde diversidade e complexidade, señas de identidade que definen o noso mundo, están presentes.  

 

Unha programación que busca, ante todo compartir música sinfónica co público e mostrar unha mirada aberta cargada de sensibilidade contemporánea.

 

Benvidas e benvidos un ano máis á vosa orquestra.

  

Orquesta Clásica de Vigo | Miradas

 PROGRAMA 20.1

 

14 de marzo: Grieg + Falla | Teatro Afundación ás 20:30

16 de abril: Mozart + Haydn| Teatro Afundación (Auditorio) ás 20:30

16 de maio : Elgar + Mendelssohn | Teatro Afundación ás 20:30

 

Solistas:

Berta Fresco (Piano)

Alba Barreiro (Arpa)

Marta Comesaña (Frauta)

Guillermo Pastrana (Violoncello)

 

Director titular e artístico:

Manuel Martínez Álvarez-Nava

 

PROGRAMA 20.1