Orquesta Clásica de Vigo | Tempada 20.2

DESGARGA O PROGRAMA COMPLETO

A Orquesta Clásica de Vigo volve aos escenarios no mes de setembro coa tempada 20.2, unha proposta sinfónica adaptada á situación extraordinaria de distanciamento e medidas de seguridade para garantir unha cultura segura para todas e todos.  Tras os meses de silencio que se impuxeron de forma dramática fomos quen de voltar a levar música a espazos en aberto, propostas accesibles para garantir a expresión artística e a continuidade da orquestra.

Agora tócanos voltar a repensar as propostas, mudar e adaptarse para seguir no mesmo sitio, como diría L. Carroll. Nos próximos meses, a Orquesta Clásica de Vigo apostará polo clasicismo e as formacións sinfónicas de pequeno formato coa fin de poder manter a actividade nos espazos limitados cos que contamos. 

Por outra banda, do mesmo xeito que fixemos nos meses de verán, apostaremos por artistas locais, presumindo de talento e deixándonos sorprender polos nosos. 

A situación que estamos a vivir, con toda a súa crudeza, era inimaxinable, pero temos que seguir. A cultura non pode para etemos que continuar compartindo música, a que sexa. O deseño dunha programación preséntase agora como unha cuestión de resistencia e supervivencia, e se seguimos é grazas a vós.

Voltamos aos escenarios e Orquesta Clásica de Vigo é máis que nunca a vosa orquestra. Grazas e bentornati.

 

Orquesta Clásica de Vigo | Miradas

Tempada 20.2

 

27 de setembro: Bentornati | Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 18:00h e 20:00h

17 de outubro: Mozart + Haydn | Teatro Afundación (Auditorio) ás 20:30

29 de decembro: Concerto Extraordinario de Nadal | Teatro Afundación ás 20:30

  

Solistas:

Raquel Carrera Álvarez (Violín)

Severino Ortíz Rey (Piano)

 

Director titular e artístico:

Manuel Martínez Álvarez-Nava

 

DESGARGA O PROGRAMA COMPLETO