Achegamento á vida e obra de Reveriano Soutullo, por Alejo Amoedo
Charla-concerto
Mércores 14 de febreiro ás 20:00h
Auditorio da EMAO (Acceso por por R/ Pontevedra)
Entrada a 5€
Consulta aquí o programa completo
Case sempre nos referimos a Reveriano Soutullo -con bo criterio- como un compositor de zarzuelas ou de música para banda pero obviamos, por exemplo, a copiosa música para piano só, ou a de voz e piano. As composicións de Soutullo transcenderon o seu tempo e a súa diversidade é precisamente a riqueza do seu repertorio musical. Por outra banda, o coñecemento da vida e obra do compositor é esencial para entender a evolución da historia da nosa música e a influencia na sociedade.
Por medio desta charla-concerto faremos un achegamento a súa vida e obra, tratando algúns dos aspectos menos coñecidos e ilustrarémola con unha selección de obras para piano só que cremos representativas do seu catálogo musical.
Alejo Amoedo O pianista
Alejo Amoedo é un músico comprometido coa música e os músicos de Galicia, nunha tripla vertente: como intérprete, estreando, gravando e promovendo composicións; como coleccionista, pois posúe unha ampla representación de documentos, partituras, libros e fotos, tanto editadas coma orixinais; e como estudoso das obras e autores que teñen como referencia a Galicia.