Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

SOUTULLO: O centenario dun mestre da zaurzuela

15 Febreiro. 20:30 - 21:30

SOUTULLO: O centenario dun mestre da zaurzuela
15 de febreiro ás 20:30h
Auditorio do Teatro Afundación de Vigo

No ano 2024 celebramos o centenario da estrea de La leyenda del beso, obra fundamental no repertorio de Reveriano Soutullo. Nacido en Ponteareas en 1880, Soutullo é o compositor máis importante de Vigo e a súa grandeza excede á súa obra, pois cimentou os piares da música na nosa cidade.

Soutullo acadou o seu recoñecemento grazas ás súas zarzuelas, tendo un espazo incontestable entre os artistas máis impoirtantes no primeiro tercio do século XX no xénero lírico. De feito, ao pouco do seu falecemento en 1932, Jesús Bal y Gay calificouno de «académico de la zarzuela». Obras como La serenata del pueblo (1909), La paloma del barrio (1911), Amores de aldea (1915), La leyenda del beso (1924), Encarna la Misterio (1925), La del Soto del Parral (1927) ou El último romántico (1928), son a parte máis recoñecida do seu legado. Mais tampouco debemos esquecer a súa contribución ao noso patrimonio musical a través das transcripcións, arranxos, música para piano ou música de banda, cun inesquecible pasodobre “Puenteareas”. Este concerto servirá a modo de repaso das súas principais obras para orquestra, pechando así un percorrido iniciado o 18 de xaneiro para coñecer en profundidade os múltiples aspectos que conforman o seu legado. Unha homenaxe a esta figura fundamental da nosa historia.

Recinto

Auditorio do Teatro Afundacion (Vigo)
Rúa do Marqués de Valladares, 10
Vigo,
+ Google Map

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies

Privacy Preference Center