
A música para órgano en Portugal a partir de 1800: a influencia francesa
Marcel Courtonne (1883-1954)
Grand Choeur (ca. 1912)
Marcos Portugal (1762-1830)
Sonata para órgano en re maior (ca. 1790-1800)
Joaquim dos Santos (1936-2008)
Preludio, ricercare e coral (1987)
Augusto Machado (1845-1924)
Preludio para órgano (ca. 1900)
Allegretto (ca. 1900)
Improvisación (ca. 1900)
Luís de Freitas Branco (1890-1955)
Dúas obras para órgano ou harmonio (1913)
– Chant religieux portugais
– Aria
Coral para órgano (1913)
Théodore Dubois (1837-1924)
Toccata, das Doce pezas para órgano (1886)
A música para órgano en Portugal recibiu unha forte influencia da cultura francesa, espello dunha relación que abarca tamén a literatura e as demais artes. En pleno Romanticismo, París e Lisboa comezaron a ter unha forte ligazón; de feito, moitos dos compositores portugueses do período estudaron no Conservatorio de París, convertendo a escola francesa na gran referencia para a música en Portugal —sen esquecer a forte presenza da escola de piano en todo este proceso—.
O programa deste concerto presenta precisamente ese panorama da música do século XIX en Portugal a través de dous dos seus nomes principais: Augusto Machado e Luís de Freitas Branco, figuras clave non só da música para órgano, senón tamén para orquestra e coro. Á súa vez, Marcos Portugal, aínda que impregnado da composición clásica, foi quen deu inicio a todo este proceso do romanticismo no país. Pola súa parte, Joaquim dos Santos, compositor da diocese de Braga —tan próxima a Galicia—, é quizais un dos maiores compositores para órgano da actualidade, grazas á música profundamente expresiva e ás poéticas disonancias que presenta na súa obra. Para completar este percorrido, non podían faltar dous referentes franceses: Courtonne, organista en Nantes, e Théodore Dubois, con cuxa famosa Toccata finalizará o concerto.
Trátase, en definitiva, dunha auténtica viaxe por unha cultura portuguesa hoxe un pouco esquedida, pero que garda unha riqueza musical única capaz de retratar, ao mesmo tempo, un Portugal français.
Concerto en colaboración co Camões Centro cultural portugués en Vigo
Daniel Oliveira, órgano
Natural de Alenquer, iniciou os seus estudos na Escola de Música de Nossa Senhora do Cabo, en Linda-a-Velha, onde estudou órgano e clave con João Paulo Janeiro. Proseguiu a súa formación musical e graduouse en órgano na Escola Superior de Música de Lisboa, baixo a orientación de João Vaz. Tamén se licenciou en clave na mesma institución, baixo a orientación de Ana Mafalda Castro. Realizou o mestrado en Pedagoxía do Órgano na Escola Superior de Música de Lisboa. É tamén licenciado en Ciencias Musicais pola Universidade Nova de Lisboa. Formouse con diversas personalidades, como Graham Barber, Ketil Haugsand, Javier Artigas, L. F. Tagliavini, J. L. G. Uriol, Kristian Olesen, Miklós Spányi, Peter Holtslag e Roberto Fresco. Actúa con frecuencia como solista ou en agrupacións vocais e instrumentais, participando en numerosos festivais de órgano e de música antiga en Portugal e no estranxeiro. Cómpre salientar o Festival Internacional de Órgano de León (España), o Ciclo Internacional de Órgano de Cantabria, o Festival de Órgano de Málaga, o ciclo de concertos do Santuario de Fátima, o Festival de Música Antiga de Castelo Novo, o Festival de Música Antiga de Santarém, o Festival de Órgano de Santarém e o Ciclo de Órgano de Sevilla, entre outros. É profesor de órgano, harmonía e baixo continuo no Conservatorio Nacional e no Conservatorio de Música da Física de Torres Vedras. No ámbito pedagóxico, está a preparar actualmente un manual práctico para o ensino do órgano na infancia e recibe regularmente invitacións para impartir clases maxistrais e cursos de formación destinados a organistas litúrxicos. É director artístico do Festival de Música Antiga de Torres Vedras e do Ciclo de Órgano da mesma cidade, así como do Ciclo de Música Barroca de Mafra IN MÚSICA. É organista titular dos órganos históricos da Igrexa Matriz de Oeiras e da Igrexa da Misericórdia de Torres Vedras.
DANIEL OLIVEIRAA música para órgano en Portugal a partir de 1800: a influencia francesa Marcel Courtonne (1883-1954) Grand Choeur (ca.…
DANIEL OYARZABAL + MIRIAM HONTANAMaurice Duruflé (1902-1986) Toccata, da Suite para órgano, op. 5 Antonio Vivaldi (1678-1741) Concerto para dous…
FERNANDO BUIDEOlivier Messiaen (1908-1992) O banquete celeste (1928) Girolamo Frescobaldi (1583-1643) Ricercare cromático para despois do Credo, dos Fiori…
ALMA BETTENCOURTCharles-Marie Widor (1844-1937) Allegro, da Sinfonía para órgano n.° 6 en sol menor, op. 42 n.° 2 (1878) Camille…
PETER HOLDERJohann Sebastian Bach (1685-1750) Preludio e fuga en mi bemol maior, BWV 552 (ca. 1724) William Byrd (1540-1623)…
DANIEL SANMARTÍN + ORQUESTA CLÁSICA DE VIGODebuxando o mañá: o órgano da Belle Époque á era espacial Marco Enrico…