O 8 de xuño de 1984 fixo a súa presentación a Orquesta Clásica de Vigo como orquestra do Conservatorio Superior de Vigo. Dende ese momento, a Orquesta Clásica de Vigo foi medrando, mudando e adaptándose a cada momento e servindo de espazo para máis de 800 músicos de Galicia.
Hoxe queremos celebrar o inicio deste 40 aniversario cun concerto sopresa que dará inicio a un ano de celebracións e concertos: Comeza o aniversario da orquestra decana de Galicia.
Será sábado día 8 na Concatedral de Santa María de Vigo por volta das 21.30h. Dado que é unha sorpresa, non ides coñecer máis detalles sobre o concerto.
Cando: Sábado 8 de xuño ás 21:30h
Onde: Concatedral de Stª Mª de Vigo
Reserva de entradas: Enterticket
Poñemos á vosa disposición a opción de colaborar coa nosa actividade habitual na seguinte ligazón e, como non, a axudar cos gastos do concerto. Por suposto, isto é algo totalmente voluntario e sempre adaptado ás posibildades de cada asistente.