Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

8pés 2026: Alejandra Escolante, órgano positivo

15 Novembro. 18:00 - 19:00

ALEJANDRA ESCOLANTE

Danzar por Europa: tres paisaxes para órgano

Inglaterra: Da batalla á corte
William Byrd (ca. 1540-1623)
Danza de batalla
– The Trumpet
– The Irish March
– The Flute and the Drum

Danza popular
– La volta Lady Morley
– Oh Fortune
– Wolseys Wilde

Danza cortesá
– The Tennthe Pavian: Mr. W. Peter
– The Galliarde to the Tenth Pavian

Italia: A danza como transformación
Antonio Valente (ca. 1520-ca. 1600)
– La Romanesca, con cinque mutanze
– Lo ballo dell’intorcia

Girolamo Frescobaldi (1583-1643)
– Balletto
– Corrente
– Passacagli

Bernardo Storace (1637-1707)
– Balletto
– Corrente

Península ibérica: A danza como enerxía popular
Antonio Mestres (?-1786)
– Tocata pastoril

Antonio Martín y Coll (ca. 1660-1734)
– Pasacalles I y II
– Danza del hacha
– Villano
– Diferencias sobre la gaita

DOMINGO 15 de novembro
18:00h
Museo do Mar de Galicia

ENTRADAS+INFO en www.8pes.org

A danza constitúe un dos fíos condutores máis fértiles da música europea entre os séculos XVI e XVIII. Moito antes de converterse en forma abstracta, a música para teclado naceu ligada ao corpo, ao ritmo e ao xesto. Este programa propón unha viaxe por tres paisaxes sonoras nas que a danza adopta funcións e significados distintos: dende a elegancia cortesá do Renacemento inglés, pasando pola transformación formal italiana, ata a vitalidade rítmica da tradición ibérica.
No primeiro bloque, a figura de William Byrd eríxese como un dos grandes mestres do Renacemento inglés. As súas danzas combinan refinamento e viveza cunha escritura rica en contrastes. Unha selección de The Battle (The trumpet, The Irish March, The flute and the drum) suxire timbres militares e efectos imitativos. A continuación, as danzas populares Wolsey’s Wilde e La Volta introducen un carácter social de pulso marcado, mentres que Oh Fortune experimenta coa variación dun tema nostálxico. O bloque conclúe coa parella tradicional de pavana e gallarda, que amosa o equilibrio entre gravidade e movemento característico da estética cortesá.
Italia representa o segundo momento deste percorrido, no que a danza comeza a expandirse cara a estruturas máis complexas. A Romanesca de Antonio Valente exemplifica unha das fórmulas harmónicas máis difundidas do Renacemento, sobre a que se constrúen variacións improvisatorias, xunto ao seu Ballo dell’intorcia. Xa no ámbito barroco, Girolamo Frescobaldi e Bernardo Storace desenvolven a sucesión de danzas encadeadas, anticipando formas máis elaboradas.
O terceiro bloque trasládanos á Península Ibérica, onde a danza adquire unha forza rítmica e un carácter máis directo. A Tocata pastoril de Antonio Mestres evoca atmosferas campestres e melodías populares como a gaita. A través da colección Flores de música compilada por Martín y Coll, preséntanse pasacalles baseados en variacións harmónicas recorrentes, a Danza de hacha e o Villano (de marcados acentos rítmicos), e as Diferencias sobre la gaita, que poñen no centro a variación sobre un modelo melódico amplamente recoñecible.
Interpretado nun órgano positivo, este repertorio recupera unha dimensión íntima e transparente, próxima aos espazos domésticos ou cortesáns. Lonxe da gran sonoridade dos órganos de igrexa e concerto, este instrumento permite apreciar con claridade as texturas, articulacións e contrastes que lle dan vida á danza, convidando a escoitar o movemento como un impulso vital que atravesa épocas e estilos.
Órgano positivo de Juan Bautista Díaz (1990). Agradecementos a Alicia Alcaina pola cesión do instrumento.

Alejandra Escolante, órgano
Inicia os seus estudos de música no Conservatorio Superior de Música da Coruña, no que finaliza os Graos Superiores de Piano, Música de Cámara, Solfexo e o Grao Elemental de Violín, obtendo simultaneamente o Grao en Ciencias Económicas. Recibe clases de piano de Lidia Stratulat (en Oviedo), Anna Mirzoyan (A Coruña) e Alexander Gold (Santiago). Inicia estudos de órgano histórico con Bruno Forst en 2006, finalizando no Conservatorio de Ourense os graos profesionais de órgano e clave con Marisol Mendive e Alicia Alcaina. Recibiu tamén formación especializada de José Luis González Uriol e Juan de la Rubia. Actualmente, amplía a súa especialización realizando os Estudos Superiores de Clave no Conservatorio Superior de Vigo con Diego Ruenes. Colabora activamente en ciclos de órgano e na súa promoción didáctica, como Ciclo Olladas, XXX Ciclo de Órgano de Xunqueira de Ambía, Ciclo Conmemorativo en San Miguel dos Agros, diferentes edicións da Exposición Didáctica do Órgano Ibérico da Capela da Real Confraría das Ánimas ou Ciclo Lugares e Órganos (As Donas, Cuarteto Alicerce, Quinteto Invento, Catro Quince, Memoria Silente…), visitas a órganos de Compostela, colaboración na serie documental Corpo de vento, relatora nos cursos Sinerxías entre dereito e música da USC, etc. Así mesmo, colaborou recentemente co Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses no proceso de revisión de órganos e a súa divulgación didáctica. Ademais, promoveu diversas actividades culturais e musicais en Compostela (Xornadas de Órgano Mariano Tafall, Ciclo de Cámara Hilario Courtier, Xornadas Didácticas…). Participou como organista coa Orquestra Clásica de Vigo e a solo nas dúas últimas edicións do Festival de Música Antigua de Villanueva de Huerva. Como membro fundador do grupo Catro Quince, especializado na interpretación da música historicamente informada do século XVII, participou en diferentes proxectos e festivais de música antiga, destacando o Festival de Música Antiga de Villanueva de Huerva, Lugares e Órganos, Un camiño ben temperado ou o Concerto en Escena das Sonatas do Rosario coa actriz Nuria Lestrgás. Desde 2025 tamén forma parte do grupo historicista Alday. Exerce desde 2005 o labor docente de pianista acompañante e profesora de piano no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

8pés 2026: Daniel Oliveira

DANIEL OLIVEIRAA música para órgano en Portugal a partir de 1800: a influencia francesa Marcel Courtonne (1883-1954) Grand Choeur (ca.…

ver
Concatedral de Vigo, Praza da Igrexa, 10
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map

8pés 2026: Daniel Oyarzabal + Miriam Hontana

DANIEL OYARZABAL + MIRIAM HONTANAMaurice Duruflé (1902-1986) Toccata, da Suite para órgano, op. 5 Antonio Vivaldi (1678-1741) Concerto para dous…

ver
Concatedral de Vigo, Praza da Igrexa, 10
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map

8pés 2026: Fernando Buide

FERNANDO BUIDEOlivier Messiaen (1908-1992)  O banquete celeste (1928)   Girolamo Frescobaldi (1583-1643)  Ricercare cromático para despois do Credo, dos Fiori…

ver
Concatedral de Vigo, Praza da Igrexa, 10
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map

8pés 2026: Alma Bettencourt

ALMA BETTENCOURTCharles-Marie Widor (1844-1937) Allegro, da Sinfonía para órgano n.° 6 en sol menor, op. 42 n.° 2 (1878) Camille…

ver
Concatedral de Vigo, Praza da Igrexa, 10
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map

8pés 2026: Peter Holder

PETER HOLDERJohann Sebastian Bach (1685-1750) Preludio e fuga en mi bemol maior, BWV 552 (ca. 1724)   William Byrd (1540-1623)…

ver
Concatedral de Vigo, Praza da Igrexa, 10
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map