
Charles-Marie Widor (1844-1937)
Allegro, da Sinfonía para órgano n.° 6 en sol menor, op. 42 n.° 2 (1878)
Camille Saint-Saëns (1835-1921)
Preludio e fuga en si maior, op. 99 n.º 2 (1894)
Gaston Litaize (1909-1991)
Lied, das Doce pezas para órgano (1937)
César Franck (1822-1890)
Coral n.º 2 en si menor (1890)
Louis Vierne (1870-1937)
Vinte e catro pezas en estilo libre, op. 31 (1913-1914)
– IX. Impromptu
– XIX. Berceuse
Jehan Alain (1911-1940)
Litanies, JA 119 (1937)
Alma Bettencourt, órgano
Nada en 2004, Alma Bettencourt é organista e pianista. Concertista internacional, é tamén, desde setembro de 2025, organista en residencia na Maison de la Radio et de la Musique de París. En 2024 gravou para a etiqueta Rocamadour o seu primeiro disco en solitario de piano e órgano, Julius Reubke, Les Deux Sonates, aclamado pola crítica. Alma comeza a tocar o piano aos cinco anos e o órgano aos once na clase de Éric Lebrun, antes de ingresar en 2020 no Conservatorio Nacional Superior de París. Alí estuda órgano con Olivier Latry, Michel Bouvard, Thomas Ospital e Maude Gratton, así como piano con Emmanuel Strosser, Cécile Hugonnard-Roche e Lidija Bizjak. Obtén o seu Máster de Interpretación en órgano, por unanimidade, en xuño de 2025. É premiada en varios concursos en ambos os dous instrumentos, entre eles o Premio Gaston Litaize do Concurso Internacional de Órgano do Canadá en 2024. Amosa un gran interese pola música contemporánea. En outubro de 2025, xunto a Nadia Ratsimendresy, interpreta na súa estrea mundial Nocturnes, para ondas Martenot e órgano, de Tobias Feierabend (encargo de Radio France), ademais de realizar varias actuacións, como a estrea en Francia do Concerto para acordeón de Georges Aperghis durante o Festival Présences 2026. Estrea obras de Michel Boédec, como Aleppian Circle, da que é dedicataria e con quen grava o seu primeiro disco, #1653, en 2019. Desde 2016 preséntase como organista en lugares prestixiosos de Francia e do estranxeiro: Philharmonie de París, Auditorium de Radio France, Auditorium de Lyon, Philharmonie de Berlín, Maison Symphonique de Montreal, Auditorio Nacional de Música de Madrid, Notre-Dame de París, Saint-Sulpice, Saint-Eustache, Catedral de San Estevo de Viena, Marienkirche de Lübeck… Colabora con numerosas orquestras (Orquestra Filharmónica de Radio France, Orquestra Nacional de Francia, Orquestra de París, Orquestra Nacional de Lión…) baixo a dirección de Santtu-Matias Rouvali, Frank Strobel, Cristian Măcelaru, Lionel Sow, Catherine Simonpietri e Marc Korovitch.
DANIEL OLIVEIRAA música para órgano en Portugal a partir de 1800: a influencia francesa Marcel Courtonne (1883-1954) Grand Choeur (ca.…
DANIEL OYARZABAL + MIRIAM HONTANAMaurice Duruflé (1902-1986) Toccata, da Suite para órgano, op. 5 Antonio Vivaldi (1678-1741) Concerto para dous…
FERNANDO BUIDEOlivier Messiaen (1908-1992) O banquete celeste (1928) Girolamo Frescobaldi (1583-1643) Ricercare cromático para despois do Credo, dos Fiori…
ALMA BETTENCOURTCharles-Marie Widor (1844-1937) Allegro, da Sinfonía para órgano n.° 6 en sol menor, op. 42 n.° 2 (1878) Camille…
PETER HOLDERJohann Sebastian Bach (1685-1750) Preludio e fuga en mi bemol maior, BWV 552 (ca. 1724) William Byrd (1540-1623)…
DANIEL SANMARTÍN + ORQUESTA CLÁSICA DE VIGODebuxando o mañá: o órgano da Belle Époque á era espacial Marco Enrico…