Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A Mozart: Concerto para dous pianos

17 Outubro. 20:30 - 21:30

Sábado 17 de outubro ás 20:30 h · Teatro Afundación de Vigo

Abre a tempada un programa dedicado a Wolfgang Amadeus Mozart con motivo do 270 aniversario do seu nacemento, no que nos achegaremos a unha das obras máis singulares e sorprendentes do catálogo deste célebre compositor: o Concerto para dous pianos n.º 10 en mi bemol maior, KV 365/316a. Unha páxina de extraordinaria riqueza e vitalidade que pon en diálogo dous instrumentos solistas nunha das partituras máis orixinais do xenio salzburgués.

O programa completarase coa Sinfonietta n.º 1, escrita en 1916 en memoria de Mozart polo compositor brasileiro Heitor Villa-Lobos. Unha obra na que a admiración polo mestre clásico se transforma nunha linguaxe propia, conectando a tradición europea coa personalidade musical dun dos grandes creadores americanos do século XX.

Programa:

A frauta máxica, KV 620 (Abertura), de Wolfgang Amadeus Mozart
Concerto para dous pianos n.º 10 en mi bemol maior, KV 365/316a, de Wolfgang Amadeus Mozart
Sinfonietta n.º 1 en si bemol maior, W115, de Heitor Villa-Lobos

Piano:
Jorge Abreu Seoane
Severino Ortiz Rey

Dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en Ataquilla.com e na sede de Afundación

Detalles

  • Data: 17 Outubro
  • Hora:
    20:30 - 21:30

Recinto

  • Teatro Afundación
  • Policarpo Sanz, 13
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain