Cargando eventos

« Todos os eventos

AS PEGADAS DO SON

10 Marzo 2027. 19:30 - 20:30

A Orquesta Clásica de Vigo continúa neste 2027 o percorrido pola historia da música gravada e amplificada; unha abraiante carreira marcada polo enxeño, a investigación e a creatividade no ámbito sonoro que conforma non só o papel da música na actualidade, senón tamén a concepción mesma de como entendemos hoxe a escoita da música.

As pegadas do son é un complemento á tempada que busca poñer o foco na historia do rexistro sonoro e terá lugar na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

ALEKSANDER KOLKOWSKI
Música con bucina: o violín Stroh
Mércores 10 de marzo ás 19:30 h · Biblioteca da EMAO

O investigador británico Aleksander Kolkowski, figura de referencia mundial para abordar a historia do rexistro sonoro de comezos do século XX, abordará a evolución técnica da reprodución e amplificación sonora das bucinas, un traballo acústico que marcou as orixes da música gravada tal e como a coñecemos hoxe en día.

 

Detalles

  • Data: 10 Marzo 2027
  • Hora:
    19:30 - 20:30

Recinto

  • Biblioteca da EMAO