Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

AS PEGADAS DO SON

12 Marzo. 19:00 - 21:00

CICLO DE CONFERENCIAS NA BIBLIOTECA DA EMAO

AS PEGADAS DO SON

A Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá no marco da tempada un ciclo de conferencias para percorrer a historia da música gravada e amplificada, unha abraiante carreira marcada polo enxeño, a investigación e a creatividade no ámbito sonoro que conforman non só o papel da música na actualidade, senón tamén a concepción mesma de como entendemos hoxe a escoita da música.

As pegadas do son é un complemento á tempada 2025-26 que terá lugar o xoves 12 de marzo na biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

19:00h MIGUEL FERNÁNDEZ
Mecánica da emoción: da vibración ao son

Miguel Fernández afondará na xénese da emoción e a cognición da música como acto reflexo a través dos parámetros acústicos e a psicoloxía congnitiva. De como a vibración da madeira dun instrumento de corda permite xerar unha obra musical: o feito artístico que xera emoción nun/nha oínte.

20:00h JULIO GÓMEZ
Palabras conxeladas: da literatura á música gravada

Julio Gómez remitirase aos traballos de investigación no rexistro sonoro en torno ao phonoautógrafo para chegar ás orixes da música gravada.

Recinto

  • Biblioteca da EMAO