
Esta Semana Santa ofreceremos un concerto especial no que interpretaremos As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, unha obra singular de Haydn que foi encargada en 1786 polo Oratorio de la Santa Cueva, en Cádiz. Sen dúbida, unha peza cando menos curiosa no repertorio do compositor austríaco, pois enmarcaríase na súa versión orixinal no teatro musical, e coa que queremos seguir explorando repertorios sorprendentes.
Programa:
As sete últimas palabras de Cristo na Cruz Hob.XX:1, de J. Haydn
- Introduzione en Re menor – Maestoso ed Adagio
- Sonata I (“Pater, dimitte illis, quia nesciunt, quid faciunt”) en Si bemol mayor – Largo
- Sonata II (“Hodie mecum eris in paradiso”) en Do menor, finaliza en Do mayor – Grave e cantabile
- Sonata III (“Mulier, ecce filius tuus”) en Mi mayor – Grave
- Sonata IV (“Deus meus, Deus meus, utquid dereliquisti me”) en Fa menor – Largo
- Sonata V (“Sitio”) en La mayor – Adagio
- Sonata VI (“Consummatum est”) en Sol menor, finalizando en Sol mayor – Lento
- Sonata VII (“In manus tuas, Domine, commendo spiritum meum”) en Mi bemol mayor – Largo
- Il terremoto (Terremoto) en Do menor – Presto e con tutta la forza