Beethoven: Misa en do maior
Teatro Afundación de Vigo
Sábado 10 de maio ás 20:30h
Despedimos a tempada do 40 aniversario cun gran concerto para orquestra e coro: a Misa en do maior, Op. 86, de L. V. Beethoven. Composta poucos anos despois da súa primeria obra relixiosa, Cristo en el Monte de los Olivos, Op. 85 (1803), esta obra constitúe a súa primeira misa e un dos poucos exemplos do repertorio coral do compositor.
Neste concerto a Orquesta Clásica de Vigo terá a honra de compartir escenario co Ensemble Vocal Pro Musica, procedente da cidade do Porto. Unha proposta que será o resultado dun intercambio que busca normalizar a conexión da nosa orquestra con propostas ao outro lado do Miño.
Programa:
As criaturas de Prometeo, Op. 43, de L. V. Beethoven
Misa en do maior, Op. 86, de L. V. Beethoven
Kyrie. Andante con moto assai vivace quasi allegretto ma non troppo
Gloria. Allegro con brio
Qui tollis. Andante
Quoniam. Allegro ma non troppo
Credo. Allegro con brio
Et incarnatus est. Adagio
Et resurexit. Allegro ma non troppo
Et vitam venturi seculi. Vivace
Sanctus. Adagio
Pleni sunt cœli. Allegro
Benedictus. Allegretto ma non troppo
Osanna. Allegro
Agnus Dei. Poco andante
Dona nobis pacem. Allegro ma non troppo
Orquesta Clásica de Vigo
Ensemble Vocal Pro Musica
Solistas: a anunciar
Dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava