Cargando eventos

« Todos os eventos

Beethoven: O emperador

10 Febreiro 2027. 20:30 - 21:30

Mércores 10 de febreiro ás 20:30 h · Teatro Afundación de Vigo

Este programa acolle dúas das obras máis espectaculares de Ludwig van Beethoven: a abertura de Egmont, Op. 84 e o Concerto para piano n.º 5 en mi bemol maior «Emperador», Op. 73; ambas as pezas son unha magnífica mostra da forza expresiva, a dimensión épica e a extraordinaria capacidade creadora do compositor alemán. Compostas entre 1809 e 1811, o programa presenta dúas obras grandiosas á altura do seu autor, do que celebramos o seu legado e conmemoramos en 2027 o bicentenario do seu pasamento.

A pianista portuguesa Marta Menezes será a artista encargada de ofrecernos este impresionante concerto sinfónico, no que o virtuosismo, a intensidade e a forza orquestral se darán a man nunha das pezas máis emblemáticas do repertorio de Beethoven.

Programa:

Egmont, Op. 84 (Abertura), de Ludwig van Beethoven
Concerto para piano n.º 5 en mi bemol maior «Emperador», Op. 73, de Ludwig van Beethoven

Piano: Marta Menezes
Dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en Ataquilla.com e na sede de Afundación

Recinto

  • Teatro Afundación
  • Policarpo Sanz, 13
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain
    + Google Map