
Película con música de directo
Xoves 29 de outubro ás 20:00h · Auditorio de Bueu
O que vas presenciar non é unha película. É a evocación dunha película. Unha película desaparecida. Canto de emigración (1935) foi un insólito filme de vangarda no que o ourensán Tony Román retratou o drama da emigración galega usando o cinema á maneira dos grandes directores da época, soviéticos na súa maioría, que aspiraban a un “cinema puro”. Non se conserva a película, pero si foron aparecendo vestixios que axudan a imaxinala: unha chea de fotografías publicadas na prensa de época ou conservadas pola familia do actor protagonista —Celso Madriñán—; o argumento narrado polo autor nunha revista de cando a estrea; e, sobre todo, a partitura que o tudense Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar pormenorizadamente as imaxes. Esa é a base da que partimos para evocar Canto de emigración. Engadimos ilustracións e planos doutras películas emparentadas con esta (en particular Ou carro e ou home, do propio Román), e tratamos as fotografías orixinais… Sabemos que é imposible devolverlle a vida a unha película perdida. Ao que aspiramos é a suxerila, a axudar a imaxinala. Oxalá a película apareza algún día e este traballo vólvase inútil. Mentres tanto, velaquí unha evocación.
Esta obra foi recuperada no ano 2022 coa Orquesta Clásica de Vigo nunha versión para orquestra de café. Dende o ano 2025 queremos abordar este proxecto no formato máis próximo ao orixinal: o sexteto de café.
Organiza: FICBUEU