O Concerto para piano nº 1 constitúe o máis coñecido da súa produción de tres obras para este instrumento. Unha auténtica discusión apaixonada entre piano e orquestra polo dominio do concerto que, como as grandes obras que conforman esta tempada, se constrúe como un concerto atípico dentro da produción para este instrumento.
A melodía coa que comeza este concerto é unha das máis coñecidas da historia da música, un motivo poderoso que, ao parecer, foi escoitado polo compositor a un grupo de músicos de rúa, motivo que posteriormente instrumentalizou e inmortalizou neste concerto. Esta historia relata esa comunicación entre o popular e o académico, feito que será unha constante que advertiremos en máis ocasións na obra deste artista.
Este concerto é unha obra apaixonada de principio a fin e caracterizada, como é a produción do compositor, polos extremos e o patetismo que nos levarán dun xeito espectacular do mínimo ao grandioso sen deixar espazo para o descanso.
Unha escoita verdadeiramente imperdible.
PROGRAMA