Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONCERTO DE NADAL DA UVIGO

13 Decembro 2023. 20:30 - 21:30

CONCERTO DE NADAL DA UVIGO

SOLISTA: SEVERINO ORTIZ REY

DIRIXE: MANUEL MARTÍNEZ ÁLVAREZ-NAVA

Neste programa, Severino Ortíz Rey será o solista convidado para interpretar Concerto para piano No 20 en Re menor K466, de W. A. Mozart, o cal conta cunha cadencia escrita polo mozo pianista e admirador seu L.v. Beethoven. Por último, o programa rematará coa interpretación da Sinfonía No 1, Op. 21, de L. v. Beethoven, unha interesantísima obra composta en 1800 e que segue os principios do clasicismo co seu indiscutible estilo persoal.

PROGRAMA

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Concerto para piano e orquestra en re menor n. 20 KV466 (1785)

Charles Gounod (1818-1893)
Marcha fúnebre dunha marioneta (1872)

Federico Chueca (1846-1908)
Jota de los barquilleros de «Agua, azucarillos y aguardiente» (1897)

Johann Strauss (1825-1899)
Pizzicato-Polka (1869)
Schatz-Walzer, op. 418 (1885)

 

Severino Manuel Ortiz Rey, piano

Nacido en Pontevedra, recibe o seu máis apreciada e valiosa formación pianística da profesora Vladimira Smausová. Tras obter os títulos superiores de Piano e Música de cámara  no Conservatorio Superior de Música de Vigo, completa a súa formación na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (República Checa) coa profesora Dagmar Simonková e o profesor Frantisek Maly (1998-2000).

Como solista, colaborou coas orquestras “Vigo 430”, “Clásica de Vigo” e “Filharmónica de Pontevedra”, interpretando os concertos 3, 4 e 5 de Beethoven, o 1 de Chopin, o 1 de Liszt e o concerto para dous pianos de Poulenc. Ofreceu diversos recitais, entre os que destacan: un programa coas paráfrasis de Verdi-Liszt, para “Amigos da Ópera” (Santiago e Vigo, 2013); as sonatas opus 2 de Beethoven, no ciclo de integral de sonatas de Beethoven da Universidade de Santiago (2017); e un programa con música de Falla e Albéniz, ofrecido no Conservatorio Arrigo Boito de Parma  en 2016, onde ademais, presentou unha conferencia titulada “O xesto do cante jondo en Albéniz e Falla”.

Desde 2003 forma dúo estable co seu amigo, o tenor José Antonio Campo Edesa, con quen ofreceu recitais en diferentes cidades de España e estranxeiro. Destacan a súa participación no XXIII Festival Internacional de Voces de Altafulla (2010), a xira de Bolivia de 2009, organizada polo AECID, con motivo do Bicentenario do Berro Libertario e o recital polo ano Liszt en Ljubljiana (Eslovenia), organizado polas embaixadas de España e Hungría (2011).

Na súa faceta de músico de cámara, goza colaborando habitualmente co Ensemble Vigo 430 e tocando con solistas como Rusanda Panfili, Lir Vaginsky, Lea Hennino, Cristina Goicea e Sindy Mohamed. Non menos importante son os proxectos realizados co violinista Mario Peris e o clarinetista Roberto Noite, con quen difundiu música de compositores galegos actuais, como Jacobo Gaspar ou Octavio Vázquez, no contexto do programa Erasmus+ (Vilnius, Belgrado, Tirana, 2017-2019).

En 2018 foi convidado por ADEC a participar como pianista acompañante no VIII Congreso Nacional de Clarinete, celebrado en Torrent (Comunidade Valenciana). Recentemente, ofreceu o recital inaugural do IX Congreso ADEC xunto a Philippe Berrod e Sharon Kam (Vigo, 2022). Foi profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo (2001-2004). Ofreceu recitais e impartido clases de piano e música de cámara, a través do programa Erasmus, nos conservatorios de Parma, Verona, Palermo, Istambul, Bari, Vilnius, Belgrado, Lecce, Trento, Tirana, Almaty, Esmirna, Saraievo e Cetiña.

Actualmente e desde o ano 2004 é pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Detalles

Data:
13 Decembro 2023
Hora:
20:30 - 21:30

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies

Privacy Preference Center