Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONCERTO DE NADAL EN MELIDE

29 Decembro 2023. 20:00 - 21:00

CONCERTO DE NADAL EN MELIDE

Este nadal ofrecemos unha dobre proposta: gozar dun artista único, inconfundible e dificil de clasificar como é G. Gershwin coa súa a Abertura cubana e descubrir a música dun artista descoñecido do século XIX como é S. Coleridge-Taylor. Un cartel de contrastes atravesados por esa ponte que nos leva dende o último romanticismo dos orientalismos aos estilos nacionais empapados da música de raiz.

S. Coleridge-Taylor é un autor que serve de ponte entre entre motivos africanos e o sinfonismo inglés, constituído un dos primeiros en abordar a música africana nun contexto orquestral dende a óptica dos orientalismos, ese paso previo do individualismo á irrupción das singularidades de cada territorio.

Por outra banda, o programa nos levará aos EUA de comezos do século XX nesa construción dos estilos nacionais na que participaron autores como G. Gershwin, nesa mestura entre sinfonismo romántico e as músicas cubanas de raíz que nos levarán a explorar eses novos camiños eclécticos e diversos que conforman o noso mundo.

PROGRAMA

— Abertura cubana, de G. Gershwin

— Petite suite de concerto, op.77, de S. Coleridge-Taylor
I. Le caprice de Nannette
II. Demande et réponse
III. Un sonnet d’amour
IV. La tarantelle frétillante

DIRIXE: MANUEL MARTÍNEZ ÁLVAREZ-NAVA

Detalles

  • Data: 29 Decembro 2023
  • Hora:
    20:00 - 21:00

Recinto

  • Multiusos de Melide