Cargando eventos

« Todos os eventos

Concerto Extraordinario de Nadal 2026: Shostakóvich

30 Decembro. 20:30 - 21:30

Mércores 30 de decembro ás 20:30 h · Teatro Afundación de Vigo

Este programa presenta ao compositor francés Jacques Ibert, artista polifacético que cultivou o xénero sinfónico, a ópera e a música para cine; autor tamén dunha das obras máis esixentes e recoñecidas xamais escritas para a frauta. Trátase dun concerto que será interpretado nesta ocasión por Fernando Raña Barreiro e que traerá ao presente esta peza de 1934 para mostrar a beleza e a complexidade que agocha.

Dmitri Shostakóvich é unha das figuras máis influentes do século XX, mais, pese a iso, padeceu como poucos a barbarie do totalitarismo. Gran compositor e instrumentador que neste 2026 celebra o seu 120 aniversario, ofrecéndonos unha oportunidade para traer ao presente a súa primeira sinfonía. Composta en 1925, foi unha obra de xuventude que recolle como poucas a linguaxe da tradición sintetizada para anticipar a modernidade do seu tempo.

Un programa dedicado ao primeiro terzo do século XX que sen dúbída sorprenderá pola súa beleza, filigrana e modernidade.

Programa:

Concerto para frauta, de Jacques Ibert
Sinfonía n.º 1 en fa menor, Op. 10, de Dmitri Shostakóvich

Frauta: Fernando Raña Barreiro
Dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en Ataquilla.com e na sede de Afundación

Recinto

  • Teatro Afundación
  • Policarpo Sanz, 13
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain
    + Google Map