Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Concerto Extraordinario de Nadal

28 Decembro 2023. 20:30 - 22:30

ENTRADAS

CONCERTO EXTRAORDINARIO DE NADAL

SOLISTA: ABE RÁBADE
DIRIXE: MANUEL MARTÍNEZ ÁLVAREZ-NAVA

Este nadal ofrecemos unha dobre proposta: gozar dun clásico único, inconfundible e dificil de clasificar como é o Rhapsody in blue de G. Gershwin e descubrir a música dun artista descoñecido do século XIX como é S. Coleridge-Taylor. Un cartel de contrastes atravesados por esa ponte que nos leva dende o último romanticismo dos orientalismos aos estilos nacionais empapados da música de raíz.

S. Coleridge-Taylor é un autor que serve de ponte entre entre motivos africanos e o sinfonismo inglés, constituído un dos primeiros en abordar a música africana nun contexto orquestral dende a óptica dos orientalismos, ese paso previo do individualismo á irrupción das singularidades de cada territorio.

Por outra banda, o programa nos levará aos EUA de comezos do século XX nesa construción dos estilos nacionais na que participaron autores como G. Gershwin, nesa mestura entre sinfonismo romántico e as músicas de raíz que nos levarán a explorar eses novos camiños eclécticos e diversos que con- forman o noso mundo. O resultado é Rhapsody in blue, esa impresionante obra que será interpretada por Abe Rábade para pechar a tempada.

PROGRAMA

— Abertura cubana, de G. Gershwin

— Rhapsody in Blue, de G. Gershwin

— Petite suite de concerto, op.77, de S. Coleridge-Taylor I. Le caprice de Nannette
II. Demande et réponse
III. Un sonnet d’amour

IV. La tarantelle frétillante

ENTRADAS