
En agosto volta a música sinfónica ao aire libre grazas a segunda edición dos Concertos ás beiras do Miño, unha oportunidade para tecer unha ponte cultural coas localidades fronteirizas polas que transcorre o río. Un proxecto da Orquesta Clásica de Vigo e a Deputación de Pontevedra que nesta segunda edición, levará a música sinfónica ás localidades de As Neves, Melgaço, Caminha e A Guarda.
Catro oportunidades únicas para gozar das noites de verán escoitando a música de L. V. Beethoven da man da Orquesta Clásica de Vigo.
Ludwig van Beethoven (1770-1827)
As criaturas de Prometeo (Abertura)
Sinfonía n. 3 en mi bemol maior, Op. 5
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Descarga aquí o programa de man
Cando: Mércores 13 de agosto ás 22:00h (pt)
Onde: Largo Calouste Gulbenkian de Caminha
Duración aproximada: 60 min
Acceso: Libre e de balde
Organiza: Orquesta Clásica de Vigo e Deputación de Pontevedra
Colabora: Cámara de Caminha