Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día Europeo da Música 2022

26 Xuño 2022. 13:00

Celebra o Día da Música coa Clásica!

Imos conmemorar este día tan especial o vindeiro domingo 26 de xuño, ás 13 horas, na Praza da Igrexa. O concerto volve ao casco vello de #Vigo para levar a música aos pés da Colexiata, retomando así unha tradición con máis de trinta anos de historia.

O programa inclúe tres pezas: “Concerto violín mi menor op. 64 (II movemento), de F. Mendelssohn; “Adiós a la Alhambra”, de J. de Monasterio; e “Doble concierto”, de G. Holst. Baixo a dirección de Manuel Martínez Álvarez-Nava, as tres mulleres solistas serán Navia Núñez, Paula Gómez e Iria Pérez.

Entrada libre e de balde.

Coa colaboración do Concello de Vigo, Universidade de Vigo e Deputación Pontevedra.

Detalles

  • Data: 26 Xuño 2022
  • Hora:
    13:00

Recinto

  • Casco Vello de Vigo (Praza da Igrexa)
  • Praza da Igrexa
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain
    + Google Map