Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día Europeo da Música 2023

25 Xuño 2023. 13:30

A Clásica pecha a temporada Escoitas e inaugura os concertos de verán coincidindo co Día Europeo da Música, que se conmemora o vindeiro 21 de xuño. O tradicional concerto da orquestra para festexar este día tan especial co público será o domingo 25 de xuño, ás 13:30 horas, na Concatedral de Vigo.

Seguindo co lema da temporada que remata, a Clásica propón neste programa contrapoñer dúas escoitas: o clasicismo de Mozart en Salzburgo e o nacionalismo de Grieg. Ademais, a orquestra tamén prepara unha sorpresa para completar o evento, no que o importante é compartir e achegar o amor pola música a todos os públicos, así como sacar a música clásica dos espazos máis convencionais, unha aposta clara na liña estratéxica da Clásica.

A entrada é de balde previa retirada de convite na plataforma Enterticket. Ademais, en caso de quedar espazo dispoñible ese día, tamén se poderá acceder por orde de chegada ata completar a capacidade.

A conmemoración do Día Europeo da Música convértese nunha xornada festiva aberta á cidade na que non importan as etiquetas e conta co apoio do Concello de Vigo, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Reservar entradas

Detalles

Data:
25 Xuño 2023
Hora:
13:30

Recinto

Concatedral de Vigo
Praza da Igrexa, 10
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies

Privacy Preference Center