Cargando eventos

« Todos os eventos

FESTIVAL 8PÉS 2025: ENRIQUE MARTÍN-LAGUNA + Orquesta Clásica de Vigo

22 Novembro. 21:00 - 22:00

Sábado 22 de novembro ás 21:00h
ENRIQUE MARTÍN-LAGUNA
+ Orquesta Clásica de Vigo

Organista titular da Catedral de Santa María Magdalena de Getafe e profesor de órgano do Conservatorio Profesional de Música Rafael Frühbeck de Burgos. Completou o Grao Profesional de piano con José Luis Agulló no Conservatorio Profesional de Música Manuel de Falla de Alcorcón. Obtivo o Título de Grao Superior de Órgano estudando con Roberto Fresco no Centro Superior de Ensino Musical Katarina Gurska e o Título de Grao Superior de Composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Completou a súa formación realizando un Máster de órgano no Conservatorio Real de Bruxelas con Benoît Mernier. Ampliou a súa formación en órgano, improvisación, clave e clavicordio con profesores como Montserrat Torrent, Andrés Cea, Aline Zylberajch, Sietze de Vries, Olivier Latry, Bernhard Haas, François Espinasse, Ton Koopman, Lorenzo Ghielmi, Pieter Van Dijk, etc. Gañador do primeiro premio ex aequo no III Concurso Nacional de Órgano “Francisco Salinas”. A súa actividade concertística levouno a ofrecer recitais en diversos lugares de España, Bélxica, Francia e Italia.

PROGRAMA

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Fantasía e fuga en do menor, BWV 537

Petr Eben (1929-2007)
Moto Ostinato de Musica Dominicalis

Percy William Whitlock (1903-1946)
Folk Tune

Tomás Garbizu (1901-1989)
Sequentia

Louis Vierne (1870-1937)
Sinfonía para órgano n.º 1 en re menor, op. 14
—Allegro vivace
—Finale

Francis Poulenc (1899-1963)
Concerto para órgano, cordas e timbais, op. 36
1.Andante
2.Allegro giocoso
3.Subito andante moderato
4.Tempo allegro. Molto agitato
5.Très calme: Lent
6.Tempo de l’allegro initial
7.Tempo d’introduction: Largo

Manuel Martínez Álvarez-Nava, Director titular e artístico
Nacido en Oviedo en 1957. Discípulo do mestre Alfonso Ordieres Rivero, estuda violín e viola no Conservatorio Superior de Asturias. Posteriormente amplía os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda dirección de orquestra co mestre Jacques Bodmer, discípulo do lendario mestre Hermann Scherchen. Foi profesor violista da Orquesta Sinfónica de Asturias “Angel-Muñiz Toca” entre 1977 e 1983. Fundador, Solista e Concertino da Orquesta Universitaria de Oviedo, da que tamén foi director adxunto. De 1983 a 2023 foi catedrático de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Recentemente foi director convidado en cidades como L’Aquila, Viana do Castelo, Trento ou Hamburgo. É o director titular da Orquesta Clásica de Vigo desde a súa creación en 1984.

Orquestra Clásica de Vigo
A Orquestra Clásica de Vigo, decana de Galicia, é unha formación de música clásica que aposta pola innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos. Nos 40 anos de historia da entidade, as obras interpretadas superan as 500, sendo isto un exemplo de aposta pola diversidade na música. Nos últimos anos realizou propostas de danza, cinema en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. Polos seus atrís pasaron máis de 800 instrumentistas de toda Galicia, con máis de 160 solistas. A Orquestra Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se entende como unha oportunidade para explorar a riqueza do patrimonio musical e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.

Detalles

Recinto

  • Concatedral de Vigo
  • Praza da Igrexa, 10
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain
    + Google Map