FESTIVAL 8PÉS 2025: ÓSCAR CANDENDO

Xoves 20 de novembro ás 21:00h
Oscar Candendo
Profesor da especialidade de órgano na Escola Superior de Música de Catalunya (Barcelona) desde a súa fundación en 2001. Organista da S. I. do Bo Pastor, en San Sebastián. Doutor en Musicoloxía pola Universidade de Valladolid. Profesor superior nas especialidades de órgano, piano, cravo e música de cámara. Realizou estudos de órgano en Toulouse (Centre d’études supérieures de musique et de danse, cos profesores Michel Bouvard e Jan W. Jansen), en Barcelona (coa profesora Montserrat Torrent) e en Stuttgart (Hochschule für Musik und Darstellende Kunst, co profesor Bernhard Haas). Obtivo os primeiros premios no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España (1992) e no Curso Universitario Internacional «Música en Compostela» (1993).
Recibiu o Premio de Investigación Musical Orfeón Donostiarra-Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (2021) por un traballo sobre o compositor alavés de música relixiosa Vicente Goicoechea Errasti (1854-1916). É coordinador de Anthologia Sacra, colección da obra do devandito Vicente Goicoechea publicada por Ficta edicions i produccions. Participou como intérprete en diversos festivais europeos.
PROGRAMA
Felix Mendelssohn (1809-1847)
Sonata, op. 65 n.º 3
—Con moto maestoso
—Andante tranquillo
César Franck (1822-1890)
Coral n.º 1 en mi maior
Alberto Garaizábal (1875-1947)
Meditación
Louis Vierne (1870-1937)
Pièces de fantaisie
—Prélude, op. 51 n.º 1
—Impromptu, op. 54 n.º 2
—Clair de lune, op. 53 n.º 5
—Carillon de Westminster, op. 54 n.º 6