ARTURO BARBA · 23 de novembro ás 21:00h
+ ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO
Aínda máis intricado resulta o percorrido xeográfico da abertura de Una cosa rara (título en italiano deste dramma giocoso con libreto do famoso Lorenzo Da Ponte), do valenciano Vicente Martín y Soler, coa que abre o concerto o seu paisano Arturo Barba. A fortuna desta ópera (estreada no Burgtheater de Viena en 1786) foi tal que o mesmo Wolfgang Amadeus Mozart citou algúns compases no seu Don Giovanni. Para non botar nada en falta neste itinerario de ida e volta, a transcrición para órgano desta peza de autor valenciano estreada en Austria é obra dun italiano. Tornando aos contextos compartidos, Arturo Barba preséntanos así mesmo un interesante binomio no que o celebre coral bachiano Nun komm, der Heiden Heiland (Vén agora, Salvador dos xentís), propio do tempo do Advento, confróntase cunha versión separada por case tres séculos e 6000 km, do quebequés Denis Bédard.
PROGRAMA
Vicente Martín y Soler (Valencia – España 1754-1806)
Sonata en Do mayor (transcrip. obertura da súa ópera “Unha cousa rara”)
Johann Sebastian Bach (Alemania 1685-1750)
Coral: Nun komm der Heiden Heiland BWV 659
Denis Bédard (Canadá 1950)
Variaciones sobre Nun komm, der Heiden Heiland (2017)
Johann Pachelbel (Alemania 1653-1706)
Chacona en Fa menor
Louis Vierne (Francia 1870-1937)
Carillon de Westminster op. 54 nº6
J. G. Rheinberger (1839-1901)
Concerto para órgano e orquestra n. 2, Op.177
Grave
Andante
Con moto
Orquesta Clásica de Vigo
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Solista: Arturo Barba