I COLORI DELL’ARMONIA + A CLÁSICA | CONCERTO DE CLAUSURA
O peche deste festival chegará ao remate dos proxectos da residencia cunha proposta de concerto dirixida pola agrupa- ción residente I Colori dell’Armonia e acompañada pola Orques- ta Clásica de Vigo na Igrexa do Real Mosteiro de Oia. Este programa, conformado por obras Arcangelo Corelli a través do seu concerto da chiesa e Jean-Baptiste Lully coa súa coñecida Suite da Armida, baseada nos cantos II, V, X y XIV do poema de Torquato Tasso, Xerusalén liberada, composto en 1575. Estas pezas servirán como punto de encontro para que os integran- tes da orquestra exploren e traballen baixo os presupostos esti- lísticos da interpretación historicamente informada.
Este concerto servirá como colofón ás distintas actividades propostas nesta semana de música concentrada no Real Mos- teiro de Oia, polo que todos os participantes están convidados a formar parte desta orquestra.