La leyenda del beso, edicións discográficas de referencia, por Xaime Estévez
Escoita comentada de primeiras edicións
Xoves 8 de febreiro ás 20:00h
Biblioteca da EMAO (Acceso por por R/ García Barbón, 5)
Entrada de balde previa reserva ata completar a capacidade
Consulta aquí o programa completo
La Leyenda del Beso non só é a primeira das tres obras de obrigada referencia na producción do tándem Soutullo y Vert (La del Soto del Parral e El Último Romántico completarían a tríada) tamén é imprescindible para o ilustre catálogo de obras na música española do primeiro terzo do século XX, nomeadamente da zarzuela española. As distintas partes musicais que a conforman foron interpretadas e gravadas polos mellores cantantes nacionais e mesmo internacionais. Ademáis o seu intermedio instrumental pasa por ser un caso moi singular de éxito popular que traspasa non só fronteiras xeográficas, senón a de xéneros e estilos musicais diversos, manténdose no tempo de xeito continuado e recurrente a pesar da complicada historia de España dende os anos trinta e da prematura morte dos seus compositores.
Xaime Estévez Vila (Mos 1964)
Doutor en Ciencias da Educación. Profesor Superior de Músicoloxía ,Solfexo e Teoría da música e Pedagoxía musical.Premio Fundación Guerrero de musicoloxía do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid polo traballo sobre a vida e obra do mestre Soutullo(1992), editado por Alpuerto(1995). Premio Extraordinario de doutorado da UNED (2006) pola tese sobre a aplicación didáctica da música galega gravada.Ten editados artigos en revistas de educación e varios libros como dúas metodoloxías sobre a gaita galega, un estudo sobre as gravacións editadas da música galega, outro sobre as Bandas de música populares ou partituras pianísticas da súa autoría. Colabora coa Radio e a Televisión galega como asesor e como docente ocasional dos CEFORES galegos ou de universidades como a UNED, Universidade de Vigo ou a USC. Actualmente é catedrático de música no I.E.S. Álvaro Cunqueiro de Vigo onde tamén desempeñou os cargos de xefatura de estudos e dirección, forma parte activa de agrupacións da música popular galega e coordina eventos como o memorial Henrique Otero, Abrente Folk ou Tradición en Camiño, entre outros.
Entrada de balde previa reserva ata completar a capacidade
Consulta aquí o programa completo