Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Maldito Beethoven con Severino Ortiz

23 Outubro 2021. 20:30

Nova cita coa Clásica! O vindeiro sábado 23 de outubro presentamos o concerto “Maldito Beethoven”, ás 20.30h, no Teatro Afundación de Vigo.

Xa están á venda as entradas en Entradas Ataquilla.com a partir de 5 euros https://bit.ly/entradas-malditobeethoven

Seguimos recuperando concertos que a pandemia nos impediu celebrar en 2020. Nesta ocasión, retomamos a programación dedicada a L.V. Beethoven con motivo do seu 250 aniversario, cun concerto que xirará arredor dunha obra esencial do compositor alemán: o ‘Concerto para piano e orquestra n.4 en sol maior’, que será posto en relación á ‘Sinfonía n. 3 en mi bemol maior’. A interpretación corre a cargo do solista Severino Ortiz Rey.

Detalles

  • Data: 23 Outubro 2021
  • Hora:
    20:30

Recinto

  • Teatro Afundación
  • Policarpo Sanz, 13
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain
    + Google Map