
A tempada remata cunha das das obras máis significativas do repertorio do W. A. Mozart: A súa misa de Requiem. Unha obra encargada de maneira anónima por un mensaxeiro dun noble austríaco, o conde Franz von Walsegg, que pretendía facer pasar a música por súa como homenaxe á súa esposa falecida. Esta circunstancia, unida á condición enferma e pauperizada do compositor alimentou lendas e especulacións sobre a súa percepción da morte e sobre se el mesmo cría estar a escribir o seu propio réquiem. O Réquiem combina a grandiosidade do estilo barroco coa intensidade emocional do clasicismo vienés para deixar unha pegada fundamental no repertorio occidental.
Este concerto será realizado en colaboración co Ensemble Vocal Pro Música, unha agrupación radicada no Porto coa que a Orquesta Clásica de Vigo está a tecer un intercambio musical transfronteirizo e que neste ano celebra o seu 35 aniversario.
Programa:
Misa de Réquiem en re menor, K. 626, de W. A. Mozart
Orquesta Clásica de Vigo
Ensemble Vocal Pro Musica
Solistas: A anunciar
Director do coro: Jose Manuel Pinheiro
Dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Entradas en Ataquilla.com e na sede de Afundación
Ensemble Vocal Pro Musica
O Ensemble Vocal Pro Musica é un coro fundado na cidade do Porto, en 1991, polo Mestre José Manuel Piñeiro e por algúns dos seus alumnos e alumnas, tendo no momento cerca de 100 elementos activos. Ao longo dos anos ten participado en concursos e festivais internacionais, presentando tamén en concertos repertorio desde a Música Popular á Música Contemporánea, pasando polo Jazz e Coral Sinfónico. Conquistou varios premios en concursos internacionais, sendo de destacar o 1.º Premio – Diploma de Ouro na Categoría de Música Sacra, ben como o gran Premio do Concurso de Venecia, en setembro de 2007, e, máis recentemente, unha Medalla de Ouro na Categoría de Música Sacra e Premio de Mellor Interpretación no Concurso Praga Cantat 2018. Preséntase ao público a capella, acompañado ao piano por Filipe Cerqueira e por Miguel Hespanhol, en parceria con outros grupos vocais, así como en conxunto con varias orquestras nacionais e internacionais.