Mozart+Respighi
Auditorio do Teatro Afundación, Vigo
Mércores 12 de marzo ás 20:30h
A música de Ottorino Respigi supuxo unha renovación na música italiana do primeiro terzo do S. XX, un artista que sintetizou a tradición músical italiana coas correntes do momento propoñendo unha nova vía de modernidade estilística. Un interesantísimo compositor de óperas, ballets e sinfonías de gran fama internacional, cuxo traballo investigacións sobre a música italiana dos séculos XVI, XVII e XVIII serviu para revisitar estes antigos repertorios, anticipando a vixencia actual da que gozan. É por isto que neste programa construímos unha interesante ponte entre o Clasicismo e o Neoclasicismo: dúas épocas distantes no tempo e conectadas polo estilo.
A outra marxe do programa estará conformada pola Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol mayor, K. 364/320d, de W. A. Mozart, obra que será interpretada polos solistas Mauro Mariño Suárez -violín- e Jennifer Gómez Vilar -viola-, grandes instrumentistas que xa forman parte da historia da Orquesta Clásica de Vigo.
Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol mayor, K. 364/320d, de W. A. Mozart.
Allegro maestoso
Andante
Presto
Antiche danze et arie per liuto, Suite No.3, de O. Respighi
Anonymous: Italiana. Andantino
Jean-Baptiste Besard: Arie di corte. Andante cantabile
Anonymous: Siciliana. Andantino
Lodovico Roncalli: Passacaglia. Maestoso – Vivace
Solistas:
Mauro Mariño Suárez, violín
Jennifer Gómez Vilar, viola
Dirixe: Alessandro Arnoldo (Trento)