
Sábado 9 de xaneiro ás 20:30 h · Auditorio Municipal do Concello de Vigo
No influente tratado Der vollkommene Capellmeister (1739), o teórico Johann Mattheson trazou o retrato ideal dun músico capaz de reunir coñecementos técnicos, erudición e autoridade. O capellmeister imperfecto revisita con ironía aquel modelo para descubrir un barroco alemán afastado da imaxe de severidade coa que adoita asociarse: unha arte profundamente humana, cosmopolita e conciliadora dos estilos francés e italiano, na que a ironía, o humor e a fantasía ocupan tamén un lugar central.
Este concerto contará coa dirección de Daniel Sanmartín Nieto desde o cravo por segundo ano consecutivo, e enmárcase na aposta da Orquesta Clásica de Vigo polo achegamento á interpretación segundo criterios históricos e a exploración de repertorios menos coñecidos.
Programa:
Fantasie en fa maior, FaWV O:F1, de Johann Friedrich Fasch
Ouvertüre-Suite «Burlesque de Quixotte» en sol maior, TWV 55:G10, de Georg Philipp Telemann
Ouvertüre-Suite en do menor, GWV 413, de Christoph Graupner
«Grillen-Symphonie» en sol maior, TWV 50:1, de Georg Philipp Telemann
Dirección ao cravo: Daniel Sanmartín Nieto
Entradas en Ataquilla.com e na sede de Afundación