O FÍO DO CLASICISMO: GLUCK, MOZART E BEETHOVEN
SOLISTA: SEVERINO ORTIZ REY
DIRIXE: MANUEL MARTÍNEZ ÁLVAREZ-NAVA
O segundo dos concertos lévanos a un dos binomios máis importantes da historia da música, conformado entre Wolfgang Amadeus Mozart e Ludwig van Beethoven. Dous artistas que constitúen a bisagra entre o clasicismo e o romanticismo, cunha produción artística que se mostra en moitas ocasións engarza- da. Por este motivo, o programa cabalga as obras en función das súas influencias para mostrar unha progresión estilística que tomará a obra de Mozart como centro.
A primeira das obras interpretadas será Abertura de Iphigenia in Aulide, de C. W. Gluck, unha obra composta polo artista que configura a estrutura da ópera alemá do clasicismo e cuxos pasos seguirán os compositores posteriores da súa contorna -Mozar e Beethoven entre eles-. O final que se interpretará desta obra foi composto por Mozart, mostrando novamente a vixencia e importancia desas conexións estilísticas.
Neste programa, Severino Ortíz Rey será o solista convidado para interpretar Concerto para piano No 20 en Re menor K466, de W. A. Mozart, o cal conta cunha cadencia escrita polo mozo pianista e admirador seu L.v. Beethoven. Por último, o programa rematará coa interpretación da Sinfonía No 1, Op. 21, de L. v. Beethoven, unha interesantísima obra composta en 1800 e que segue os principios do clasicismo co seu indiscutible estilo persoal.
PROGRAMA
— Abertura de Iphigenia in Aulide, de C. W. Gluck (final de Mozart)
— Concerto para piano n.o 20 en re menor K466, de W. A. Mozart (cadencia de Beethoven)
I. Allegro
II. Romanza
III. Rondó: Allegro assai
— Sinfonía n.o 1, op. 21, de L. V. Beethoven I. Adagio molto – Allegro con brio
II. Andante cantabile con moto
III. Menuetto. Allegro molto e vivace
IV. Adagio – Allegro molto e vivace