Influências ibéricas, con Daniel Oliveira (clavecín)
O clavecinista lisboeta Daniel Oliveira, experto en interpretación histórica de instrumentos de tecla, ofrecerá un recital de #clavecín con obras de artistas de España e de Portugal entre os séculos XVI e XVIII.
A través dun diálogo para poñer de manifesto as influencias e conexións existentes na Península Ibérica, o programa presentaranos as máis importantes figuras nese período, como António de Cabezón, Manuel Rodrigues Coelho, Francisco de Soto, o pai António Soler, Carlos Seixas ou João de Sousa Carvalho.
Venres 9, ás 20h, na Igrexa de Santa María da Guarda. Entrada libre ata completar capacidade.
Proxecto beneficiario do programa OteuXacobeo da Xunta de Galicia