Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Un Camiño ben temperado. Música para arpa no mundo hispano. Séculos XVI ao XVIII

3 Setembro 2022. 21:00

O ciclo “Un Camiño ben temperado” comeza en Redondela cun concerto único da man dun artista galego de prestixio internacional: o arpista Manuel Vilas.

Ofrecerá un recital para arpa barroca de dúas ordes, un instrumento netamente hispano que tivo un período de esplendor nos séculos XVII e XVIII nos contextos sacro e profano. Será un concerto para descubrir este instrumento, tan fascinante como descoñecido, a través dun repertorio barroco español.

Sábado 3 de setembro, ás 21h, na Igrexa de Santiago de Redondela. Entrada libre ata completar capacidade.

Proxecto beneficiario do programa OteuXacobeo da Xunta de Galicia

Detalles

  • Data: 3 Setembro 2022
  • Hora:
    21:00

Recinto

  • Igrexa de Santiago (Redondela)
  • Rúa Telmo Bernárdez, 8A
    Redondela, Pontevedra 36800 Spain
    + Google Map