VENTOS DO CLASICISMO: HAYDN, BEETHOVEN, SCHUBERT E STRAUSS
SECCIÓN DE VENTO DA ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO
DIRIXE: MANUEL MARTÍNEZ ÁLVAREZ-NAVA
Esta tempada quere poñer o foco no clasicismo cunha ollada amplia para construír presente. Unha volta e as súas ideas esenciais, reflexionando sobre as distintas correntes e autores con obras que exceden os seus límites e chegan aos nosos días. A importancia do vento na orquestra é indiscutible, e neste concerto queremos traballar o seu papel desta sección partindo dos modelos vixentes no clasicismo para chegar con eles ao romanticismo, seguindo as canles que conforman as influencias entre artistas.
O programa enténdese como unha mirada curiosa para coñecer as orixes e traballar a forma. Pos este motivo partirá da impor- tancia da obra de Haydn, con arranxos propios, para chegar ao Beethoven que sentará as bases para música de vento que coñecemos hoxe. A través da súa ollada chegaremos á escoita dos románticos Schubert e Strauss, con obras cuxas reminis- cencias chegan ao noso mundo. Este concerto busca mostrar a diversidade e riqueza sonora da sección de vento da Orquesta Clásica de Vigo, cun progra- ma centrado nos séculos XVIII e XIX que racha co concepto barroco da orquestra, completa o octeto e abre o camiño ás orquestras de gran formato que coñecemos. Escoitemos as súas orixes.
PROGRAMA
— Rondino en mi bemol maior, WoO. 25, de L. V. Beethoven
— Serenade en mi bemol maior, op. 7, de R. Strauss
— Sinfonía n.o 91 en mi bemol maior, de F. J. Haydn I. Largo – Allegro assai
II. Andante
III. Menuet – Trio
IV. Finale: Vivace
— Tres minuetos para ventos D. 2d, de F. P. Schubert