
Verbenas na Caridade é un proxecto da Orquesta Clásica de Vigo que busca levar a música a un espazo descoñecido para o gran público da cidade de Vigo: A Casa da Caridade. Sita no alto do barrio do Berbés, esta institución histórica que centra a súa labor en atender ás persoas necesitadas na nosa contorna e alberga entre as súas paredes o único claustro barroco de Vigo. Trátase dun espazo único e para moitos descoñecido ao que queremos acceder para gozar da música lixeira nun formato festivo. Unha proposta que conxuga de forma harmónica o lecer coa tarefa de sensibilizar sobre o traballo que realiza a Fundación Casa Caridade.
Verbenas na Caridade é a segunda edición dun ciclo de tres xornadas nas que a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá tres propostas distintas de música lixeira, recollendo así a tradición da música para os cafés e as festas propias da primeira metade do século XX. Ademais cada unha das xornadas ofrecerá un servizo de bar, dilatando así o tempo do concerto para xerar un espazo de lecer que será complementado co mercadiño de mobles de segunda man, antigüidades e xoguetes da Casa da Caridade. Unha variedade musical coa que acceder a un espazo patrimonial único para colaborar coa Fundación Casa Caridade.
Os mércores 1, 8 e 15 de xullo, a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá unha serie de propostas musicais coas que gozar das noites de verán. As actividades darán comezo ás 19:30h con música, servizo de bar (comida e bebida) e a apertura do mercadiño, unha das actividades que dan sustento a esta fundación. Os concertos comezarán ás 21:00h.
Prezos:
· Entrada Xeral: 13€
· Última hora en taquilla: 15€