O vindeiro sábado 3 de agosto da comezo a programación dos CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO. Unha proposta da Orquestra Clásica de Vigo co apoio da Deputación de Pontevedra que levará a música clásica a algúns dos concellos portugueses e da nosa provincia que teñen nesta liña acuática natural, máis que un límite,. un profundo nexo de unión. Á música propia do río a correr, sumaranse as melodías das obras de distintos compositores da Historia da Música -interpretadas polas integrantes da decana das orquestras de Galicia- arredor de tres programas principais, un deles adicado ao mestre Soutullo, cuxa famosa obra La leyenda del beso vén de cumprir os 100 anos. Neste concerto queremos pór en valor a música que lle dedicou á súa terra, patria repartida entre Ponteareas, Redondela e Vigo, recuperando as obras que compuxo para estas localidades. «Puenteareas» é un himno, ao que se lle suma dúas obras recuperadas e reinstrumentadas por Manuel Martínez Álvarez-Nava, director da Orquesta Clásica de Vigo: A suite Vigo e o pasodobre Redondela, que será unha estrea absoluta neste ciclo. Ademáis unha orquestra de cordas interpretará pezas de Herbert ou Grieg e unha orquestra de vento encargada de levar a estes entornos naturais da raia entre Portugal e Galicia, unha selección de obras de Dvorák e Strauss.

Serán un total de cinco concertos distribuidos do seguinte xeito:

– sábado, 3 de agosto: Melgaço (Portugal)
– domingo, 4 de agosto: Oia (Pontevedra)
– mércores, 7 de agosto: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
– sábado, 10 de agosto: Vila Nova de Cerveira (Portugal)
– luns, 12 de agosto: A Guarda (Pontevedra)

A presentación oficial desta programación de verán da Clásica de Vigo no seu 40 aniversario, terá lugar o mércores 24 de xullo ás 10.00h no Concello de A Guarda.