O sábado 21 de xuño a orquesta Clásica de Vigo daralle a benvida ao verá cun concerto na Concatedral de Vigo para celebrar o Día Europeo da Música 2025.

A Orquestra Clásica de Vigo quere celebrar o Día Europeo da Música 2025 cunha proposta musical en aberto que aborde a importancia do clasicismo como estilo fundamental e refuxio para a orquestra cun programa centrado na obra de dous grandísimos artistas como son W. A. Mozart e F. J. Haydn non que contaremos con Mauro Mariño e Jennifer Gómez como solistas. Este Día Europeo da Música no te perdas a cita coa Orquesta Clásica de Vigo na Concatedral para despedir a tempada e celebrar esta xornada tan importante para achegar a música en directo en aberto a todo o mundo.

Será ás 21:00h e terá unha entrada de balde previa reserva na que será posible realizar donativos.

Unha fermosa oportunidade para compartir o amor pola música.

Programa:

Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol maior, K. 364/320d, de W. A. Mozart.
  • Allegro maestoso
  • Andante
  • Presto
Sinfonía nº 75 en Re maior, Hob. I:88, de F. J. Haydn
  • Grave – Presto
  • Andante con variazioni: Poco adagio
  • Menuetto: Allegretto – Trio
  • Finale: Vivace
Solistas:
Mauro Mariño Suárez, violín
Jennifer Gómez Vilar, viola
Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava
 

Cando: Sábado 21 de xuño ás 21:00h

Onde: Concetedral de Vigo

Entrada de balde previa reserva. Posibilidade de realizar donativos.

Organiza: Orquesta Clásica de Vigo