8PÉS 2023

Este ano o festival chega á súa terceira edición, un festival que naceu para poñer en valor o órgano Alberdi de Vigo (1909), o único en funcionamento na cidade. Para celebralo faremos soar o órgano cos mellores artistas de España. Neste ano contaremos con Carlos J. Fernández Bollo, Roberto Fresco e Enrique Martín-Laguna. 

III Edición

Terceira edición dun festival para poñer en valor o órgano Alberdi de Vigo (1909), o único en funcionamento na cidade.

Localización

O festival terá lugar os días 23, 24 e 25 de novembro de 2023 na Concatedral de Vigo.

8pés 2023 · III Edición

Na súa terceira edición, o festival 8pés propón as diferentes visións do gran repertorio para órgano só ofrecidas por unha terna de músicos que deben considerarse representantes de tres diversas xeracións do panorama organístico español actual: o consolidado mestre Roberto Fresco, o xoven e versátil músico Enrique Martín-Laguna e o expoñente dunha nova xeración de organistas Carlos J. Fernández Bollo.

 

A través desta triple proposta, o órgano Lope Alberdi de 1909 demostra unha vez máis a súa flexibilidade no afrontar repertorio pertencente ás escolas nacionais francesa e alemá, así como, como novidade destacable desta edición, tamén a obra de reputados autores españois. O contraste entre os compositores contemporáneos e aqueles pertencentes á tradición romántica —así como a presenza do atemporal Johann Sebastian Bach— asegura a exploración completa das posibilidades expresivas do instrumento, que quedarán así mesmo reveladas na convivencia de xéneros de orixe barroca, como o preludio coral ou a fuga —que atopan na música organística unha continuidade ata os nosos días— co xénero da sinfonía, que só o órgano pode afrontar como instrumento solista, nunha demostración de recursos tímbricos e dinámicos igualados tan só pola orquestra. 

 

Tres épocas, tres escolas, tres xeracións; para a terceira edición de 8pés.

Xoves 23 ás 21:00h

Carlos J. Fernandez Bollo

Nacido en Mugardos. Foi premiado recentemente no V Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas de Burgos (Outubro 2023) co Primeiro Premio e co Premio “Montserrat Torrent” á mellor interpretación de Antonio de Cabezón. Desde setembro de 2022 ata a actualidade, cursa o máster de órgano no conservatorio de Groningen, especializándose en improvisación con Sietze de Vries e en repertorio con Erwin Wiersinga.

Venres 24 ás 21:00h

Roberto Fresco

Organista titular da Catedral de Santa María a Real da Almudena e profesor de órgano do Centro Superior Katarina Gurska de Madrid. A súa carreira como concertista e profesor levoulle a través de Europa, EEUU, América Latina e as Illas Filipinas. É director da Academia de Órgano “Frei Joseph de Echevarría” que se celebra anualmente nos órganos históricos de Terra de Campos (Palencia) e profesor dos Cursos Internacionais Música en Compostela.

Sábado 25 ás 21:00h

Enrique Martín-Laguna

Organista titular da Catedral de Santa María Magdalena de Xetafe e profesor de órgano do Conservatorio Profesional de Música Rafael Frühbeck de Burgos. Recentemente gañou o primeiro premio ex aequo no III Concurso Nacional de órgano “Francisco Salinas”. A súa actividade concertística levoulle a ofrecer recitais en varios lugares de España, Bélxica, Francia e Italia.

O 8pés quere continuar un ano máis: A importancia do teu donativo

Tras o éxito das últimas dúas edicións, no que se superaron en ambos casos os 1000 asistentes, este ano o festival non conta con axudas nin patrocinios para facerlle frente aos gastos.

Este ano queremos invitarte a colaborar co festival cunha aportación voluntaria que nos permitirá seguir ofrecendo os mellores concertos de órgano un ano máis. 

 

Grazas.

O ÓRGANO ALBERDI DE VIGO

COÑECE A HISTORIA E DO ÓRGANO DA COLEXIATA (1909)

Un dos principais obxectivos do Festival 8pés é dar a coñecer e poñer en valor as peculiaridades do mundo do órgano empregando para iso o instrumento da Concatedral de Stª Mª de Vigo, construído por Lope Alberdi en 1909 e restaurado en 2016 por Federico Acitores.

O instrumento

Nesta ligación poderás consultar as característica e especificacións técnicas do órgano Aberdi de Stª Mª de Vigo. Un percorrido polos seus elementos ocultos ao público no día a día.

Participa nas visitas

Durante o festival poderás participar nas visitas guiadas ao instrumento para coñecer en profundidade a historia e as súas caracetrísticas.

CONCATEDRAL DE VIGO