Concerto Extraordinario de Nadal
Teatro Afundación de Vigo
Domingo 29 de decembro ás 20:30h
Na celebración do 40 aniversario, a Orquesta Clásica de Vigo resérvalle un lugar privilexiado ao Concerto Extraordinario de Nadal. Un concerto que se celebra cada ano, e que se converteu nunha verdadeira institución, pois congrega a audiencias e instrumentistas para celebrar o noso amor pola música en directo e o compromiso pola cultura na cidade de Vigo.
Nesta ocasión, a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá un programa de luxo conformado por dous enormes compositores que representan o final do Romanticismo ruso: estes son Piotr Ilich Chaikovski e Sergei Rachmaninov. Dous artistas que se concatenaron no tempo e que son exemplos do patetismo levado ao extremo. Unha proposta na que viaxaremos a Moscova na última década do S. XIX para atender como a morte de Chaikovski influiría nun xove Rachmanivov, atopando neste compositor unha continuidade que sería levada aos EUA tras a Revolución Rusa.
O pianista vigués Sergio Gómez será o artista convidado para este concerto de nadal, un fantástico exemplo de talento emerxente da nosa cidade co que despediremos o ano.
Programa:
Concerto para piano n.º 2 en do menor Op. 18, de S. Rachmaninov
I. Moderato
II. Adagio sostenuto
III. Allegro scherzando
Suite do Lago dos cisnes, Op. 20, de P. I. Chaikovski
Solista: Sergio Gómez
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava