Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Evocare: Canto de emigración · Museo do Castro de Viladonga

8 agosto. 19:00 - 20:00

O que vas presenciar non é unha película. É a evocación dunha película. Unha película desaparecida. Canto de emigración (1935) foi un insólito filme de vangarda no que o ourensán Tony Román retratou o drama da emigración galega usando o cine ao xeito dos grandes directores da época, soviéticos os máis deles, que aspiraban a un “cine puro”. Non se conserva a película, pero si foron aparecendo vestixios que axudan a imaxinala: un feixe de fotografías publicadas na prensa de época ou conservadas pola familia do actor protagonista —Celso Madriñán—; o argumento narrado polo autor nunha revista cando a estrea; e, sobre todo, a partitura que Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar pormenorizadamente as imaxes.

Esa é a base da que partimos para evocar Canto de emigración. Engadímoslle ilustracións e planos doutras películas emparentadas con esta (nomeadamente O carro e o home, do propio Román), e tratamos as fotografías orixinais… Sabemos que é imposible devolverlle a vida a unha película perdida. Ao que aspiramos é a suxerila, a axudar a imaxinala. Oxalá a película apareza algún día e este traballo se volva inútil. Namentres, velaquí unha evocación

Canto de emigración, coa intervención de Pepe Coira.

Onde: Museo do Castre de Viladonga
Cando: Sábado 8 de agosto ás 19:00h
Organiza: Casa da Galería – Fundación Margarita Ledo Andión
Máis info

Detalles