Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Un camiño ben temperado: Catro quince

7 septiembre. 21:10 - 22:10

Catro quince: “… con moita invención e diversidade”
Igrexa parroquial do Mosteiro de Oia ás 21:10h

Durante as primeiras décadas do século XVII difundiuse entre os compositores italianos un novo enfoque da composición musical, un novo estilo no que a miúdo se empregaba a palabra moderno. Existe unha Sonata A Moderna nun volume de Salomone Rossi; Dario Castello publicou dous volumes de Sonate concertate in stil moderno en 1621 e 1629 respectivamente; opéraa VIII de Biagio Marini, leva a frase “curiose moderne inventioni” como parte do seu título. Moderno, neste sentido, utilízase para implicar a suma de varios elementos, entre eles o desexo de dar expresión musical á “meraviglia”, o sentido da marabilla e o asombro á que poetas e pintores tamén aspiraban naquela época.

Considérense os moi citados versos de Marini sobre o obxectivo do poeta no seu “Murtoleide”, que aclarou nunha carta ao seu amigo Girolamo Preti en 1624:

“[…] a verdadeira regra […] é saber romper as regras no momento e lugar oportunos, adaptándose ás modas e gustos do século”. O estilo interpretativo e as harmonías empregadas pretendían sorprender, creando isto a través de contrastes de emoción, cambios repentinos de tempo e dinámica, e unha de expresión que Agazzari xa prescribira nun breve tratado a principios de século, recomendando ao intérprete -neste caso un laudista, pero as súas palabras son válidas para todos os instrumentos- tocar ”.. con moita invención e diversidade”.

Así se desenvolve outra característica deste “estilo moderno”; o baixo continuo como acompañamento da melodía por parte dun instrumento polifónico (guitarra, laud, clavecín..), aínda que en realidade o termo refírese á maneira en que se escribe este acompañamento, cifrando os acordes con números encima da linea do baixo, co que se deixa ao intérprete a liberdade de enchelos ao seu gusto. Outro elemento foi a chegada e aceptación da monodia acompañada. A medida que os distintos instrumentos desenvolvían os seus propios repertorios, tamén se acentuaba unha tendencia para emular a voz cantada, esforzándose por expresar os mesmos afectos que eran innatos á voz humana. A partir da primeira metade do século XVI, case todos os tratados sobre interpretación instrumental falan da necesidade de ser expresivos ou de imitar a voz humana.

O violín acabaría converténdose no instrumento ideal para este fin. Giovan Battista Doni, tras máis de vinte anos de experimentación e innovacións musicais, deu a súa bendición ao instrumento nos seus Annotazioni sopra il compendio de generi e de modi della musica (1640): “Pola súa propia natureza, o violín é o máis marabillosamente verdadeiro de todos os instrumentos musicais. Non hai outro que conteña tal diversidade de sons, de harmonías e de ornamentacións melódicas con tan poucas cordas e nun corpo tan pequeno, nin que exprese mellor a voz humana nin no canto […] nin no fala, que imita tan ben en tempi rápidos cando a toca un experto, e isto tamén é digno de asombro”. Outro elemento primordial do estilo moderno foi a improvisación.

Un gran número de tratados e obras didácticas publicáronse durante as décadas que precederon a chegada e o establecemento do novo estilo declamatorio; neles describíase a forma correcta de realizar ornamentacións, passaggi e diminucións, a miúdo utilizando madrigales e cancións populares máis famosas da época, coa voz ou con todo tipo de instrumentos.

Programa:

Giovani Battista Fontana (1585 – 1630)
Sonata Seconda

Marco Uccellini (1603 – 1680)
Il Ozio Regio op. 7, Sonata XVII

Darío Castello (1602 – 1631)
Sonata Prima, Sonate concertante in still moderno, libro secondo

Juan Cabanilles (1644 – 1712)
Improvisación a órgano

Heinrich Ignaz v. Biber (1644 – 1704)
Sonatas del Rosario
Sonata VI: Agonía en el huerto
Sonata X: Crucifixión y muerte de Jesús
Sonata XIV: La Asunción

Roberto Santamarina, violín
AlejandraEscolante, órgano e espineta
Tin Novio, guitarra e tiorba
Nuria Lestegás, narración

Detalles

Fecha:
7 septiembre
Hora:
21:10 - 22:10
Web:
https://www.enterticket.es/eventos/un-camino-ben-temperado-2024-933900

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies

Privacy Preference Center