Ensemble Allettamento: Obras de Oposición: música para violín e baixo en torno á Real Capela.
Sancristía da Igrexa parroquial do Mosteiro de Oia 18:50h
Grazas á iniciativa do Instituto Complutense de Ciencias Musicais e o seu traballo de recuperación da música de cámara española dos séculos XVIII e XIX e a luz do traballo realizado por Judith Ortega e Joseba Berrocal coa edición crítica e publicaciónde as Sonatas a Só na Real Capela (1760-1819), viron a luz 36 sonatas escritas para o exame de acceso por oposición á Real Capela de Palacio. Para formar parte da Real Capela, os instrumentistas debían superar un proceso de selección que constaba de tres partes. A primeira proba consistía na execución dunha sonata elixida polo aspirante, a segunda, na lectura a primeira vista dunha obra obrigada, composta para a ocasión por un dos membros do tribunal e a terceira proba eran os “exercicios de capela”, con algunhas preguntas sobre transporte. As sonatas que escoitaremos neste programa pertencen ao corpus composto para a segunda fase baixo a autoría de Corselli e Oliver e Astorga. Dada a natureza destas obras, e a que a atención do tribunal recaía unicamente no aspirante, quen dispoñía de tan só 4 ó 5 minutos nunha sala aparte para ver a obra antes de proceder á interpretación, a parte de baixo era realizada polo violón(terminoloxía coa que comunmente se fala do violoncelo no s- XVIII en España). Non existen indicios de clavecinistas convocados para a realización destas probas e así é como o Ensemble Allettamento presenta este programa, con violín e violoncelo só en acompañamento harmónico. O programa complétase con outros dous compositores relacionados con esta institución: Francisco Manalt e Calletano Brunetti, ambos os violinistas da Real Capela.
FRANCISCO MANALT ( ca. 1710– 1759)
Obra harmónica en seis sonatas de cámara de violín e baixo solo (1757)
– Largo andante
– Allegro vivo
– Andante affettuoso
FRANCESCO CORSELLI (1705-1778)
Sonata para violín e baixo en re m (1760)
– Adagio
– Vivo
– Andantino sostenuto
– Presto
JUAN OLIVIER Y ASTORGA (1733– 1830)
Sonata para violín e baixo en La M (1807)
– Allegro Moderato
– Adagio
– Presto
CAYETANO BRUNETTI (1744-1798)
Sonata para violín e baixo Nº 4 Serie 2 en re menor
-Allegro moderato
-Andantino Grazioso (glosado)
-Presto
FRANCESCO CORSELLI (1705-1778)
Sonata para violín e baixo en re m (1768)
– Adagio non troppo
– Allegro
– Cantabile e andante
– Allegro
Mario Braña, violín
Elsa Pidre, violonchelo