MOSTEIRO DE OIA · 6, 7, 8 e 9 DE SETEMBRO

UN CAMIÑO BEN TEMPERADO 2023

Tras unha primeira edición que percorreu o camiño portugués da costa en sentido inverso para celebrar o ano xacobeo, neste 2023 retirámonos ao Real Mosteiro de Oia para retomar a programación de músicas fascinantes enmarcadas baixo o paraugas da interpretación historicamente informada.

Nesta edición, a danza será o fío conductor destas catro xornadas de festival. Grazas a ela exploraremos o patrimonio e levaremos a música aos distintos espazos que conforman o mosteiro; Integrando música e danza de xeito natural coa vontade de celebrar a importancia da danza para a configuración e comprensión deste estilo.

DESCARGA AQUÍ A PROGRAMACIÓN

CONCERTOS · 8 DE SETEMBRO · 20:00h

FERNANDO MIGUEL JALÔTO

Recital de cravo da man do artista Fernando Miguel Jalôlo que ofrecerá un repaso pola historia da música composta para este instrumento en Portugal entre os séculos XVI e XVIII.

CONCERTOS · 8 DE SETEMBRO · 21:00H

ALICERCE

Nesta ocasión, coa interpretación das As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, Op.51 de J. Haydn o cuarteto Alicerce ofrece un programa de concerto de música sacra no que dan vida a unha das obras máis relevantes da música clásica escrita para cuarteto de cordas.

CONCERTOS · 9 DE SETEMBRO · 20:00H

I COLORI DELL'ARMONIA + ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO

O peche deste festival chegará ao remate dos proxectos da residencia cunha proposta de concerto dirixida pola agrupación residente I Colori dell’Armonia e acompañada pola Orquesta Clásica de Vigo na Igrexa parroquial do mosteiro de Oia.

I Residencia artística de interpretación históricamente informada

Mosteiro de Oia | 6, 7, 8 e 9 de setembro

Os días 6, 7, 8 e 9 de setembro terá lugar a primeira edición da residencia artística de interpretación historicamente informada, que terá como escenario o complexo cisterciense de Oia, que albergará nas súas numerosas estancias un proxecto de creación e reflexión arredor desta corrente artística. Neste proxecto convidamos a profesionais da agrupación de danzas históricas Portingaloise - Associaión Cultural e Artística, e estudantes do Ginasiano Escola de Danza do Porto, a Escola Artística de Música do Conservatorio Nacional - EAMCN - de Lisboa e ao alumnado e profesorado do departamento de música antiga do Conservatorio Profesional de Música de Ourense coa premisa de xerar unha serie de propostas inéditas, froito do encontro entre artistas, patrimonio, música e danza. Estas agrupacións traballarán no terreo para tecer unha programación creativa e viva, explorando e perdéndose nos distintos recunchos do Real Mosteiro de Oia. Esta residencia é un proxecto aberto guiado polos criterios de investigación, arte de proceso e site specific.

ACTIVIDADES PARALELAS

Reserva os convites a través de enterticket.

OBRADOIRO

OBRADOIRO DE DANZAS ANTIGAS

Sábado 9 de setembro ás 11:00h
Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

VISITAS

Visitas guiadas á Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

Venres 8 ás 16:00h e sábado 9 ás 12:00h
Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

VISITAS

Visitas guiadas ao Real Mosteiro de Oia

Venres 8 e sábado 9 ás 18:00h
Mosteiro de Oia

Organiza Orquesta Clásica de Vigo / Colaboran: