A Clásica

A Clásica no Círculo das Artes de Lugo

A Orquesta Clásica de Vigo levará ao Círculo das Artes de Lugo unha programación co pe posto entre dous mudos: o barroco e o último romanticismo.

A primeira mirada deste concerto está centrada no barroco italiano, en concreto en Venecia, lugar onde Antonio Vivaldi compuxo máis de 770 obras. A figura deste compositor é clave entender o concerto como forma artística. Nesta ocasión eleximos o concerto para dous cellos e orquestra, unha fermosa peza na que poderemos escoitar a dous solistas propios da Orquesta Clásica de Vigo.

Tras esta mirada, centrarémonos na obra de E. Grieg, E. Elgar e G. Holst, tres compositores que compartiron época, estilo e inquedanzas artísticas.

Estas obras compostas entre 1884 e 1912 e respostan todas elas a un mismo espírito de época marcado por un romanticismo impregnado fortemente polas características propias dos estilos nacionais.

Neste sentido, E. Grieg será a chave para entender este movemento de fragmentación do Romanticismo alemán que perseguía mostrar a diversidade e a riqueza de cada territorio.

A través deste programa ofreceremos unha viaxe sonora que nos transportará dende Noruega ao Reino Unido, nun concerto no que poderemos gozar buscando as similitudes e as diferencias agochadas nestas tres pezas.

Programa:
Elexía para cordas de E. Elgar (1909)
Cello Concerto RV 531 de A. Vivaldi (1716)
Suite Holberg de E. Grieg (1884)
Suite St. Paul de G. Holst (1912)

Solistas: Elena Pintos e Pedro Fernández
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

 

Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia

Ciclo:Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies