“Ágora Poética” é unha instalación sonora coa que a Orquesta Clásica de Vigo retoma a súa programación cultural en setembro. Unha aposta pola arte sonora e a poesía realizada polo artista asturiano Miguel Fernández. Preséntase como un espazo composto por 14 pórticos sonoros, cada un dos cales alberga a voz dun poeta. Todos eles reproducen o son mediante a vibración das estruturas cando o oínte entra para escoitar a obra destos 14 poetas galegos, portugueses e asturianos, xerando así a Ágora poética.
“Ágora poética” é unha instalación sonora xurdida doutra anterior, “Cápsulas poéticas”, estreada en Xixón durante os VII Encontros de Música Electroacústica celebrados no mes de marzo de 2017. O elemento principal de “Cápsulas poéticas” era unha estrutura de cartón en forma de cilindro capaz de aloxar no seu interior a unha persoa. Este dispoñía dun mecanismo detector de presenza para activarse e facer que vibrase a propia cápsula para escoitar a voz dun poeta recitando no seu interior. Combinaba unha alta tecnoloxía electrónica con materiais de refugallo (cartón reciclado) e consistía nunha serie de catro cápsulas dispostas na mesma sala que aloxaban no seu interior a un poeta cada unha delas. Esa foi a primeira e ultíma vez que as catro cápsulas compartirían un espazo único, a partir dese momento viaxan por separado ata completar o seu ciclo de vida útil, momento no que a instalación chegará ao seu fin.
“Ágora poética” retoma a idea de construír elementos en cartón que poidan aloxar no seu interior a unha persoa para recibir a mensaxe sonora dun poeta a través da vibración da propia estrutura. A variación neste caso é que as estruturas, agora chamadas “pórticos”, que son en forma de prisma cuadrangular, tamén irradian o son cara ao exterior do elemento para crear na propia sala unha sonoridade e unha serie de ritmos aleatorios producidos polo recitado dos diversos poemas, mesturándose o son resultante de forma aleatoria no espazo expositivo a modo de Ágora cacofónica.
Trátase dunha proposte itinerante que toma como punto de partida a cidade de Vigo e a sala onde será exposta por primeira vez a obra o 15 de setembro de 2017, é a do Instituto Camões. O número de “pórticos” variaría en función dos lugares por onde fose sendo exposta a obra en itinerancia e constará nun principio de 14 pórticos con poetas asturianos, galegos e portugueses.
Miguel Fernández nace en Xixón en 1952. Cursa estudos de electrónica na súa ciudade natal e musicais no Conservatorio Profesional de Música de Oviedo. En 1971 comenza a compoñer música electroacústica, empregando para iso un laboratorio de son deseñado e construido por el mesmo. En 1978 funda -xunto a varios artistas plásticos- o grupo de arte vangardista “Gruva“ para achegar o mundo musical á arte plástica; dende entó ven realizando concertos de música electroacústica con obras de composición propia en España, Francia, Suecia, Alemania, Portugal e Estados Unidos. De 1976 a 1989 formou parte -como profesor de contrabaixo- da Orquesta Sinfónica de Asturias, coa que obtivo a Medalla de Oro ao Mérito en las Bellas Artes. Formou parte do grupo impulsor e fundador da Universidad Popular Municipal de Xixón. De 1989 a 2016 foi profesor de Acústica Musical no CONSMUPA (Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias) e responsable do laboratorio de Acústica de dito centro o que realizou traballos de investigación sobre o funcionamento dos instrumentos musicais presentados en diversos congresos nacionais e internacionais. É membro do Instituto MAP (Música, Arte y Proceso) de Vitoria-Gasteiz, dende o que colabora en traballos de investigación sobre os efectos da arte no ser humano. Pertenceu ao claustro de profesores que imparten a formación do Máster en Musicoterapia en dito centro. No ano 2000 adhírese ao colectivo de “Espacio Cerámica” formado por artistas plásticos e educadores chegados da “Escuela Operativa Italiana” coa fin de integrar Arte Sonoro e Arte Visual no traballo artístico dun mismo creador. É autor do libro “Acústica para todos ¡incluidos los músicos!” da editorial Agruparte (Vitoria-Gasteiz) e coautor nos libros: “La música como proceso humano” da mesma editorial e “Music vibration” da editorial Jeffrey Books (EUA).
A acción comenzará coa interpretación da obra “Enerxías Renovables” do compositor vigués Juan Eiras, que será interpretada por Gonzalo Lemos (fagot), Javier Abalde (clarinete) y Marta Comesaña(frauta).
Colabora: Instituto Camões