BANDA SONORA+CLÁSICA E CORO
A Orquesta Clásica de Vigo celebra o seu tradicional concerto de nadal apostando nesta cita por un formato que integra nun mesmo programa á música clásica e as bandas sonoras coa fin de presentar ambas músicas dun xeito novo.
Nesta ocasión interpretaremos a obra de Howard Shore “The lord of the rings”, unha obra por todos coñecida polas máis que famosas películas de Peter Jackson que compartirán cartel con obras de Felix Mendelssohn e Conrado del Campo, nunha aposta por unha selección de obras de estética similar que xenera un discurso musical propio.
O concerto extraordinario de nadal é una cita anual no calendario na que os músicos habituais da plantilla da Orquesta mestúranse cos antigos membros que nestes momentos encóntranse realizando a súa actividade en distintas orquestras e conservatorios de Europa. Unha data festiva de reencontro na que se pon en común distintas visións e compartir coñecementos para festexar coa cidade o novo ano.
Programa:
Concerning Hobbits
Hebrides Obverure
The White tree
The bridge of Khazad Dum
Conrado del Campo – «El infierno» de “La Divina Comedia”
The shadow of the past
Gollum’s song The two towers