Criaturas: Beethoven+Mendelssohn | Teatro Afundación | 12 de outubro
En outubro ofreceremos un programa baseado na música de dous imprescindibles da música romántica cunha selección na que estará presente a forza sinfónica de Beethoven e a música para piano e orquestra de Mendelssohn.
Neste concerto buscaremos poñer de manifesto as conexións e influencias entre a música destes dous compositores. O programa está composto pola abertura das Criaturas de Prometeo, de Beethoven, unha obra dende á que viaxaremos ao Concerto para piano n.º 1 en sol menor de Mendelssohn para rematar coa Sinfonía n.º 4 de Beethoven, e persegue ofrecer un discurso continuo realizado a través da similitude e contraste das obras escollidas.
Programa:
Die Geschöpfe des Prometheus (Abertura) op. 43, de Ludwig van Beethoven (As Criaturas de Prometeo)
Concerto para piano n.º 1 en en sol menor op. 25, de Felix Mendelssohn
Sinfonía n.º 4 en si bemol maior, op. 60, de Ludwig van Beethoven
Solista: Jorge Abreu Seoane
Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Entradas en www.ataquilla.com